Mostrando entradas con la etiqueta SOBRE RODAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SOBRE RODAS. Mostrar todas las entradas

martes, 21 de agosto de 2012

POLICIA CARRETERA ADESTRANDO CANS

Sobre Rodas 57 - Control de alcoholemia, radares e camions. Comercial. Adestrando cans 
Neste capítulo de Sobre Rodas Sonia Noguerol acompaña a un destacamento da Garda Civil de Ourense nun control de alcoholemia, outro de radares e un último de camións, no que Sonia defenderá ó seu gremio. Coñeceremos tamen a Carmen de Saa, unha intrépida comercial de Thermomix, que tentará vender a super máquina ata ó equipo de Sobre Rodas. Para rematar Sonia acompañará a Ángel Mollá, un galego de adopción que traballa a reo adestrando cans. Será o noso «encantador particular» ensinándolle a Sonia como hai que tratar e manexar estes animais en situacións complexas.
Sobre Rodas 58 - Queixo Arzúa, surfistas e o ranking 
No derradeiro capítulo da temporada, Sonia Noguerol coñecerá a Conchita Vázquez, comercial de queixos de Arzúa, e a Adrián Seoane, quen lle aprenderá a surfear e a levará nun bus escola moi especial. Co remate desta terceira temporada, o programa entregará as medallas de bronce, prata e ouro do ránking de preguntas.

miércoles, 15 de agosto de 2012

AMANCIO ORTEGA 3º RICO DEL MUNDO

Amancio Ortega, el tercer hombre más rico del mundo 
Posee una fortuna de 38.000 millones de euros y ha adelantado a Warren Buffet, según el indice de millonarios de Bloomberg
Amancio Ortega, dueño de la empresa gallega Inditex y de la cadena de tiendas de moda Zara, se ha convertido en el tercer hombre más rico del mundo, con una fortuna de 46 millones de dólares (38.000 millones de euros), según el índice diario de Bloomberg. 
Ortega, de 76 años, ha aumentado su fortuna este año el 32 % , 11.400 millones de dólares, a pesar de la crisis en España. El empresario gallego ha superado al presidente de la firma estadounidense de inversiones Berkshire Hatthaway, Warren Buffet, cuya fortuna asciende a 45.700 millones de dólares (37.150 millones de euros), según el Índice de Bloomberg. 
La agencia estadounidense especializada en información económica, que mide a las grandes fortunas del mundo, destaca el ascenso imparable de Ortega, especialmente por su exitosa trayectoria en China y otros mercado emergentes. «El emporio de Ortega es más concentrado que el de Buffet, cuyos negocios han ido bien recientemente, pero no todos, ha dicho Walter Hellwig, que gestiona unos 17.000 millones de dólares (13.800 millones de euros) por medio de la empresa BB & T Wealth Mangement en Alabama (Estados Unidos). 

La fortuna de Ortega está a 27.600 millones de dólares (22.500 millones de euros) de la del magnate mexicano de las telecomunicaciones Carlos Slim, el hombre más rico del mundo. El segundo mayor millonario del planeta es el estadounidense Bill Gates, cofundador de Microsoft, cuya fortuna asciende a 63.000 millones de dólares (51.100 millones de euros).

martes, 31 de julio de 2012

PARAFUNERARIA PERRUQUERIA

Sobre Rodas 55 - Parafuneraria, Atendo e persianas
Esta semana Sonia coñecerá a Manuel, o rexente da primeira parafuneraria de toda a comunidade. Veremos en que consiste o traballo de apoio ca nosa presentadora terá que facer co protagonista, rapartindo esquelas e botando cinzas. E de Ourense a Vigo coa terceira idade, xa que Santiago, o noso segundo protagonista é un dos asistentes da empresa Atendo que se encarga de recoller ós nosos maiores e levalos ó centro de día que teñen preparado para tal. Para rematar, unha nova profesión, a de instalador de persianas e asesor na decoración de interiores. Disto se encarga Juan Carlos Raimundi, un arxentino afincado en Galicia que innova no seu traballo e ensinará a Sonia como facelo ben.

Sobre Rodas 56 - Veterinario rural, perruqería e xardinería 
Esta semana en Sobre Rodas Sonia terá que enfrontarse os xardíns paisaxistas que crea Jose Antonio, un apaixoado da natureza que tamén esconderá outras sorpresas que teñen moito que ver co mundo do motor. En Ourense, a nosa presentadora tamén acompañará a Paula Alonso, unha perruqueira nova que traballa a domicilio por toda a provincia. Veremos as dotes da nosa protagonista e como Sonia a axuda a traballar. Para rematar un doutor, neste caso o médico dos animais da Pastoriza ó que Sonia terá que acompañar nunha xornada de revisións e diagnoses.

martes, 10 de julio de 2012

CICLISTAS PUBLICIDAD PLAYAS

Sobre Rodas 53 - Ciclistas, capóns e reparto de publicidade 


 Neste Sobre Rodas a Sonia non lle quedará outra que entrenar co Clube Ciclista Spol de Porriño, vestida de maillot e coa bici. Un entrenamento de notable da man de Horacio Barros, presidente, mecánico e director deste equipo tan completo e exitoso. E iremos ata Vilalba para coñecer a José Luis Fernández, rexente da explotación agraria Capones Aurora, unha empresa familiar que se adica a cría e comercialización dos capóns con máis sona de toda España. Esta semana Sonia tamén acompañará a Jorge Bello, un dos encargados do reparto de publicidade da empresa Lidergal, un auténtico protagonista sobre rodas ó que a nosa presentadora axudará tan ben que ficaremos abraiados.
Sobre Rodas 54 - Limpeza de praias, perruquería e distribución


No capítulo desta semana coñeceremos como funciona o servizo de limpeza de praias de Sanxenxo da man de Andrés Fontenla, un dos veteráns do Concello. Veremos se Sonia é capaz de desenvolverse coa sua maquinaria e no seu traballo. E das Rías Baixas a Padrón, a pasar unha xornada de traballo con Elena Iglesias, unha comercial de perruquería. Xunto coa súa nai rexenta o negocio "Comercial Elena", vendendo os produtos máis novedosos para o cabelo en toda a provincia da Coruña. E na outra punta de Galicia traballa Miguel Ángel Fabello, na empresa de distribución de frutos secos Castro e Casado. Esta vez tocaralle a Sonia iso de ter que repartir co camión e cargar no gran almacén da empresa.

martes, 12 de junio de 2012

TUPPERDOG TRIAL DESENFELUXADOR

Sobre Rodas 51 - Tupperdog, trial e alimentación
No «Sobre Rodas» desta semana coñeceremos a Leticia Rocha, unha das socias da tenda Patrikan de Vigo. Un negocio de perruquería, taxi, complementos e roupa para os cans. Sonia acompañará á nosa protagonista a un tupperdog moi especial no que haberá outros invitados. E saltamos a Vilalba con Adrián Iglesias, un rapaz co que a nosa presentadora fará boas migas. Xuntos traballarán para Distribuciones Tino, unha empresa que reparte produtos de alimentación. Para rematar, o prato forte; un trial de 4x4 en Teo, no que veremos se Sonia é capaz de acompañar ó noso protagonista Santi polo medio do monte, nuns vehículos moi especiais.
Sobre Rodas 52 - KITT, desenfeluxador e médico rural 
Neste novo capítulo de «Sobre Rodas» Sonia conducirá o coche fantástico polas rúas de Vigo. Un auténtico Pontiac do ano 82 mantido por «Boris», un amante dos clásicos e tamén mecánico desta xoia. E de Vigo á Pastoriza, en Lugo, onde coñeceremos a José Benito, un dos últimos desenfeluxadores da comarca. Un oficio no que veremos como a nosa presentadora sabe desenvolverse tan ben coma sempre. Será capaz de meterse por unha cheminea? E o capítulo desta semana remata cun médico rural, Rosendo Bugarín. Sonia o acompañará por Teo nunha das súas visitas a domicilio, coñecendo ademais o Centro de Saúde do municipio onde tamén traballa.

martes, 1 de mayo de 2012

FUMIGADOR DETECTIVE LENCERIA

Sobre Rodas 49 - Fumigador, autoescola e ultramarinos
Nesta semana en «Sobre Rodas», Sonia coñecerá a Jose Antonio Canedo, un dos xerentes de Galides, unha empresa de control de plagas cun lema moi directo. Veremos se a nosa presentadora é capaz de manexar a maquinaria de extinción e contra quen a dirixe. E de Pontevedra imos a Ourense con Florentino Varandela, un dos socios da autoescuela Rayva. Ata agora as motos se lle resistían a Sonia, ¿será capaz de aprender a conducir unha? O capítulo remata en Monforte de Lemos para acompañar a Marga, a rexente dunha tenda de ultramarinos. Sonia terá que acompañala nunha dura xornada de traballo dentro e fóra do negocio.
Sobre Rodas 50 - Detective, tartas personalizadas y lencería
Neste novo capítulo de «Sobre Rodas» agárdannos moitas sorpresas, xa que coñeceremos de preto a profesión dun detective privado. ¿Será Sonia capaz de acompañar a Armando nunha serie de pescudas propias dun filme de Hitchcock? E da provincia de Pontevedra imos a Ourense con Luis Cavallé, un galego de ascendencia catalá que herdou o negocio familiar, o de comercial de produtos de lencería que moi amablemente, a nosa presentadora, lle axudará a vender. E rematamos con Fernando Suárez, o xestor da empresa «Tartamóvil», un traballo pioneiro na provincia da Coruña que traspasa as fronteiras do noso país. ¿Que sorpresa lle terán preparada ó equipo de Sobre Rodas estes reposteiros?

martes, 27 de marzo de 2012

BUTANEIRO ACUARIO PLANCHA COMER

Sobre Rodas 47 -  Félix, o butaneiro da empresa Calor Hogar de Monforte, Ester a bióloga do acuario do Grove, e Omar o condutor de limusinas Sobre Rodas 48 - Uka, comercial da revista DOT e baixista de Eladio y Los Seres Queridos, Marcos o presidente de Agamac y Angie de Teloplanchamos y Qué Como


O «Sobre Rodas» desta semana arranca musical. Sonia terá a oportunidade de coñecer a Óscar Durán «Uka» o rapaz que leva a publicidade no magazine DOT, ademáis de ser o baixista do grupo Eladio y los Seres Queridos. Veremos se é capaz de seguilo a él e mailo seu conxunto nun ensaio para un concerto. 


Esta semana tamén imos a Lugo a ver o Museo Casa de Vázquez, en Trasliste. Alí descubriremos algunhas das xoias da maquinaria agrícola antiga que Marcos, tamén presidente de Agamac (Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica), esconde na súa finca. E rematamos con Angie Carnota, unha pioneira nisto dos negocios que traballan a domicilio. Veremos se Sonia a pode axudar con «Teloplanchamos» y «Qué como».

miércoles, 15 de febrero de 2012

FEIRANTES ENOLOGO DJ PR. EROTICOS

Sobre rodas 45 - As feirantes do Morrazo, o enólogo da Bodega Terra do Castelo, e as aventuras de Marta e o seu coche de produción


Na península do Morrazo Emilia e Mónica, dúas irmás adicadas ó negocio da floristería, levarán á presentadora ata a feira de Moaña. Veremos a maneira de preparar un posto e como se debe vender un sábado pola mañá no mercadillo. A Bodega Terra do Castelo pertence a Cooperativa de Bodegas San Roque de Beade de Ribadabia. Iván Vázquez é o seu enólogo.


Coñeceremos de preto as instalacións da planta e disfrutaremos con Sonia dunha sesión de cata dos seus viños máis recoñecidos. Para rematar a nosa produtora, Marta. Un fervello de rapaza que é capaz de dirixir ó equipo enteiro de Sobre Rodas a lombos do seu turismo. Sempre pendente das gravacións, o material e os demais compañeiros. Sen ela, esta segunda tempada, non sería posible.

Sobre rodas 46 - O Dj lucense Mr. Fisherman, Antonio de Orensana de reaparaciones, e Lola a asesora con experiencia de La Maleta Roja


Neste capítulo coñeceremos a un Dj de Lugo recoñecido dentro do circuito nacional de música: o tamén chamado Dj Think ou Mr. Fishman, e veremos cómo lle aprende a pinchar a Sonia. Tamén saberemos algo máis sobre Antonio Pena, o encargado da Orensana de Reparaciones, unha empresa con ampla experiencia nisto dos arranxos de calqueira tipo, tendo a nosa presentadora que meterse na pel do noso protagonista e axudar nunha tarefa moi específica. E xa para rematar, veremos se a Sonia será capaz de ser boa comercial de produtos eróticos da man de Lola. ¿Lograrán vender algo despois da reunión?