Sobre Rodas 53 - Ciclistas, capóns e reparto de publicidade
Neste Sobre Rodas a Sonia non lle quedará outra que entrenar co Clube Ciclista Spol de Porriño, vestida de maillot e coa bici. Un entrenamento de notable da man de Horacio Barros, presidente, mecánico e director deste equipo tan completo e exitoso. E iremos ata Vilalba para coñecer a José Luis Fernández, rexente da explotación agraria Capones Aurora, unha empresa familiar que se adica a cría e comercialización dos capóns con máis sona de toda España. Esta semana Sonia tamén acompañará a Jorge Bello, un dos encargados do reparto de publicidade da empresa Lidergal, un auténtico protagonista sobre rodas ó que a nosa presentadora axudará tan ben que ficaremos abraiados. Sobre Rodas 54 - Limpeza de praias, perruquería e distribución
No capítulo desta semana coñeceremos como funciona o servizo de limpeza de praias de Sanxenxo da man de Andrés Fontenla, un dos veteráns do Concello. Veremos se Sonia é capaz de desenvolverse coa sua maquinaria e no seu traballo. E das Rías Baixas a Padrón, a pasar unha xornada de traballo con Elena Iglesias, unha comercial de perruquería. Xunto coa súa nai rexenta o negocio "Comercial Elena", vendendo os produtos máis novedosos para o cabelo en toda a provincia da Coruña. E na outra punta de Galicia traballa Miguel Ángel Fabello, na empresa de distribución de frutos secos Castro e Casado. Esta vez tocaralle a Sonia iso de ter que repartir co camión e cargar no gran almacén da empresa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario