Sobre Rodas 55 - Parafuneraria, Atendo e persianas
Esta semana Sonia coñecerá a Manuel, o rexente da primeira parafuneraria de toda a comunidade. Veremos en que consiste o traballo de apoio ca nosa presentadora terá que facer co protagonista, rapartindo esquelas e botando cinzas. E de Ourense a Vigo coa terceira idade, xa que Santiago, o noso segundo protagonista é un dos asistentes da empresa Atendo que se encarga de recoller ós nosos maiores e levalos ó centro de día que teñen preparado para tal. Para rematar, unha nova profesión, a de instalador de persianas e asesor na decoración de interiores. Disto se encarga Juan Carlos Raimundi, un arxentino afincado en Galicia que innova no seu traballo e ensinará a Sonia como facelo ben.
Sobre Rodas 56 - Veterinario rural, perruqería e xardinería
Esta semana en Sobre Rodas Sonia terá que enfrontarse os xardíns paisaxistas que crea Jose Antonio, un apaixoado da natureza que tamén esconderá outras sorpresas que teñen moito que ver co mundo do motor. En Ourense, a nosa presentadora tamén acompañará a Paula Alonso, unha perruqueira nova que traballa a domicilio por toda a provincia. Veremos as dotes da nosa protagonista e como Sonia a axuda a traballar. Para rematar un doutor, neste caso o médico dos animais da Pastoriza ó que Sonia terá que acompañar nunha xornada de revisións e diagnoses.
No hay comentarios:
Publicar un comentario