martes, 21 de agosto de 2012

POLICIA CARRETERA ADESTRANDO CANS

Sobre Rodas 57 - Control de alcoholemia, radares e camions. Comercial. Adestrando cans 
Neste capítulo de Sobre Rodas Sonia Noguerol acompaña a un destacamento da Garda Civil de Ourense nun control de alcoholemia, outro de radares e un último de camións, no que Sonia defenderá ó seu gremio. Coñeceremos tamen a Carmen de Saa, unha intrépida comercial de Thermomix, que tentará vender a super máquina ata ó equipo de Sobre Rodas. Para rematar Sonia acompañará a Ángel Mollá, un galego de adopción que traballa a reo adestrando cans. Será o noso «encantador particular» ensinándolle a Sonia como hai que tratar e manexar estes animais en situacións complexas.
Sobre Rodas 58 - Queixo Arzúa, surfistas e o ranking 
No derradeiro capítulo da temporada, Sonia Noguerol coñecerá a Conchita Vázquez, comercial de queixos de Arzúa, e a Adrián Seoane, quen lle aprenderá a surfear e a levará nun bus escola moi especial. Co remate desta terceira temporada, o programa entregará as medallas de bronce, prata e ouro do ránking de preguntas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario