Sobre Rodas 51 - Tupperdog, trial e alimentación
No «Sobre Rodas» desta semana coñeceremos a Leticia Rocha, unha das socias da tenda Patrikan de Vigo. Un negocio de perruquería, taxi, complementos e roupa para os cans. Sonia acompañará á nosa protagonista a un tupperdog moi especial no que haberá outros invitados. E saltamos a Vilalba con Adrián Iglesias, un rapaz co que a nosa presentadora fará boas migas. Xuntos traballarán para Distribuciones Tino, unha empresa que reparte produtos de alimentación. Para rematar, o prato forte; un trial de 4x4 en Teo, no que veremos se Sonia é capaz de acompañar ó noso protagonista Santi polo medio do monte, nuns vehículos moi especiais.Sobre Rodas 52 - KITT, desenfeluxador e médico rural
Neste novo capítulo de «Sobre Rodas» Sonia conducirá o coche fantástico polas rúas de Vigo. Un auténtico Pontiac do ano 82 mantido por «Boris», un amante dos clásicos e tamén mecánico desta xoia. E de Vigo á Pastoriza, en Lugo, onde coñeceremos a José Benito, un dos últimos desenfeluxadores da comarca. Un oficio no que veremos como a nosa presentadora sabe desenvolverse tan ben coma sempre. Será capaz de meterse por unha cheminea? E o capítulo desta semana remata cun médico rural, Rosendo Bugarín. Sonia o acompañará por Teo nunha das súas visitas a domicilio, coñecendo ademais o Centro de Saúde do municipio onde tamén traballa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario