Mostrando entradas con la etiqueta ERA VISTO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ERA VISTO. Mostrar todas las entradas

lunes, 17 de marzo de 2014

O Códice Calixtino/ Cambio de traballo/ Callos deconstruidos
En "Códice Calixtino", un turista deixa a histórica reliquia enriba do mostrador do bar e os colegas deciden sacarlle cartos ao achado. No segundo sketch, Elvira decide dar clases de nova cociña e facelas na casa. Na terceira peza, Moncho recibirá unha oferta de traballo do chinés Yung para encargarse dun novo bazar que fará que se vexa no dilema de aceptar ou seguir con D. Anselmo.

lunes, 3 de marzo de 2014

A crise/ Medo a voar/ Xordeira temporal
Os habitantes de Lameiro explican a actual crise económica, comezando polas consecuencias en cadea que ocasiona a baixa de soldo de Moncho; o medo a voar, cando Elvira gaña un premio dunha viaxe a Madrid, e a xordeira temporal de Moncho, á que lle sacará moito proveito...

lunes, 3 de febrero de 2014

lunes, 20 de enero de 2014

lunes, 23 de diciembre de 2013

lunes, 25 de noviembre de 2013

lunes, 11 de noviembre de 2013

lunes, 28 de octubre de 2013

O muro/ Elvira compoñedora/ Kevin antisistema
Moncho amósase escandalizado porque o seu fillo Kevin se declara "antisistema". No resto das historias, os personaxes falan do que lles pasa, discuten e intentan amañar, como todo o mundo, conflitos cotiáns que xorden da convivencia e de temas típicos como a guerra de sexos entre homes e mulleres, os choques xeracionais, os problemas laborais e as iniciativas absurdas dos colegas.








Así, Moncho ponse na primeira liña de fogo ao pretender acometer reformas na súa casa; namentres a muller, Elvira, gaña en popularidade grazas aos seus dotes como "compoñedora" para quitar as dores de costas.

lunes, 14 de octubre de 2013

Café con cornos/ A voda do meu mellor amigo/ Parque eólico/ O aniversario

lunes, 30 de septiembre de 2013

Moncho de Rodríguez/ Cemiterio nuclear/ Os cuñados
"Moncho de Rodríguez", cando Elvira marcha uns días da casa deixando o home só; as postulacións de Moncho para que Lameiro se converta nun cemiterio de residuos radioactivos e así poida prosperar, e nos "Cuñados", onde Elvira decide convidar a súa irmá Carmucha e pídelle a Moncho que faga no garaxe un cuarto de invitados.

lunes, 9 de septiembre de 2013

As pezas humorísticas falan dun "Morto na casa", onde Anselmo lle encarga a Moncho que lle faga unha placa para a furna onde garda as cinzas do pai; "Kevin namorado", cando Moncho e Elvira se preocupan polo comportamento do fillo, a quen todos lle van aconsellar como conquistar unha moza, e a última peza "Xacobeo", en que Moncho vai intentar que o Camiño de Santiago tamén pase por Lameiro, a súa parroquia.

lunes, 17 de junio de 2013

ELVIRA BRIGADISTA MONCHO CICLISTA O AÑO

Elvira ponse a traballar nunha brigada forestal do concello e iso fai que cambie a vida de todos na casa. No segundo Sketch: Moncho tamén decide cambiar e nada mellor que poñerse a facer deporte practicando ciclismo, e na terceira historia don Anselmo dálle un año a Moncho para que o cociñe Elvira, pero antes alguén vai ter que matar o animal.

martes, 1 de enero de 2013

CHINO A GRIPE BAR DE DISCOTECA

Moncho queda rendido aos encantos dos produtos das tendas chinesas e vai intentar convencer a familia e os amigos das marabillas destes locais; na segunda, "A gripe", cando Moncho padece un catarro decide explotar as vantaxes de estar enfermo para pasar todo o día na cama, e na última peza, "Bar de discoteca", Puskas decide darlle un cambio ao bar para que se chame "Puskats", un pub de moda en Lameiro e arredores.