HISTORIAS DE GALICIA 19
Recorda o documental sobre as "Historias de Galicia" que ata ben entrado o século XX a maioría dos galegos ou non fora nunca á escola ou só fora uns meses para aprender a escribir o seu nome e pouco máis. Así que durante séculos a educación de quen podía escolarizarse estivo monopolizada pola igrexa católica que transmitía coñecementos e tamén dogmas relixiosos, grazas ao cal o colexio dos Xesuítas de Monterrei (Lugo) foi un centro punteiro no século XVI. Xa en pleno XX, en Galicia tamén houbo escolas laicas, aínda que a maioría dos galegos aprendeu as primeiras letras nas chamadas escolas de ferrado.
Mostrando entradas con la etiqueta HISTORIAS DE GALICIA. Mostrar todas las entradas

martes, 13 de noviembre de 2012
lunes, 5 de noviembre de 2012
AS CAUSAS DAS COUSAS
HISTORIAS DE GALICIA 18
Saber significa coñecer as causas das cousas e o método máis seguro de coñecemento é o científico porque permite a comprobación dos resultados. En Galicia houbo homes de ciencia que, ademais, estiveron moi comprometidos co desenvolvemento do país.
Entre eles destacan Domingo Fontán, que fixo o primeiro mapa científico de Galicia para mellorar as comunicacións terrestres, e Cruz Gallástegui, que creou unha variedade nova de millo híbrido para mellorar o rendemento das colleitas. Tamén houbo científicos que miraron máis ás estrelas que ao chan: é o caso do astrónomo Ramón María Aller, que descubriu varias parellas de estrelas dobres.

martes, 16 de octubre de 2012
DA FEIRA AO MERCADO GLOBAL
HISTORIAS DE GALICIA 17
O capítulo de 'Historias de Galicia' que a Galega emite esta noite regresa ao pasado para recordar como comerciaban os galegos nas feiras, pois ata hai moi pouco había tantas feiras en Galicia que os funcionarios do Estado non sabían como facer para poder cobrar tributos por esa actividade comercial.
Pero os galegos comerciaban a grande escala cos seus produtos típicos, como son a carne, o peixe e o viño. O comercio sempre tivo as súas leis e foi unha cuestión de alta política do Estado, que establecía alianzas e declaraba inimizades que podían botar por terra calquera actividade comercial. Hoxe, no mercado global, o comercio segue a ter as súas leis e as súas trampas.

miércoles, 3 de octubre de 2012
SANS E FORTES
HISTORIAS DE GALICIA 16
Despois de respirar e botar unha choradiña, a primeira necesidade vital que ten un ser humano cando chega ao mundo é alimentarse. Do que comemos nos primeiros anos de vida depende, en gran medida, a nosa saúde cando nos facemos adultos. Pero, naturalmente, non todas as enfermidades dependen do que comemos. “Historias de Galicia” conta nesta ocasión como nos fomos alimentando os galegos e como a ciencia médica nos axudou a medrar sans e fortes.Así, a primeira historia trata do que comían os galegos das casas grandes, medianas e pequenas, é dicir, do que se quería ao que se podía.
A segunda historia céntrase na figura do doutor Pose Roibanes, o home que trouxa a Galicia a primeira vacina da historia.
A terceira e última historia trata do nacemento do primeiro hospital en Galicia, o Hospital Real de Santiago, o que hoxe se coñece coma Hostal dos Reis Católicos.

martes, 18 de septiembre de 2012
miércoles, 5 de septiembre de 2012
AS VARAS DA XUSTIZA
HISTORIAS DE GALICIA 14
Xustiza é darlle a cadaquén o seu, pero iso só pode facelo un xuíz, alguén que reparte xustiza. O documental repasa no presente capítulo que historicamente quen tivo o poder tamén quixo impartir xustiza e o que hoxe consideramos dereitos inherentes á nosa condición de persoas foron en realidade conquistas históricas que custaron moitos sacrificios. O dereito á levar os apelidos paternos, o dereito á propiedade ou o dereito a pensar e a expresar libremente as ideas propias significaron loitas dirixidas en moitos casos por persoas anónimas.

martes, 14 de agosto de 2012
NACION DE BREOGAN
HISTORIAS DE GALICIA 13
Esta noite o espazo que dirixe Xosé Manuel Vega e presenta Xosé Barato, Historias de Galicia, afonda e percorre a historia do poder político en Galicia desde que fora un reino ata os nosos días. Galicia foi unha unidade política independente na Idade Media; era un reino con reis propios e cun territorio que abranguía parte do que hoxe é Portugal, Castela e León e Asturias.
Afonso Raimúndez foi coroado solemnemente Rei de Galicia polo arcebispo Xelmírez en 1110 na catedral de Santiago. Tras a derrota irmandiña e o sometemento posterior da nobreza galega polos Reis Católicos, simbolizado na execución do mariscal Pardo de Cela no 1453, Galicia nunca volveu ser independente nin contou, ata 1981, con institucións propias de autogoberno.
O sistema foral creou un binomio secular de señores e labregos que lastrou o desenvolvemento de novas clases coma a burguesía. O que puideron conservar as clases populares foi o idioma. A lingua foi o elemento crucial na toma de conciencia política do país no século XIX.
Esa conciencia expresouse primeiro como provincialismo, despois como rexionalismo e finalmente, a partir de 1916, como nacionalismo. O Partido Galeguista foi o impulsor do Estatuto de 1936 que foi aprobado en referendo o 28 de xuño daquel ano.

martes, 24 de julio de 2012
ONDE A RAZON NON CHEGA
HISTORIAS DE GALICIA 12
O ser dos galegos, como o de calquera pobo, non se configura só no pensamento racional. Hai unha parte de nós, íntima, que se move polo sentimento e por "outras razóns" e así o mostrará hoxe á noite o programa Historias de Galicia, que dirixe Xosé Manuel Vega e presenta Xosé Barato.
A saudade é un sentimento xurdido da vivencia íntima da propia soidade e da certeza da morte. Os dolmens son os primeiros símbolos da busca de transcendencia da vida e das fórmulas para superar a angustia existencial. O home comeza a darlle propiedades vivas e máxicas a realidades que o rodean: os penedos, a auga, as árbores.
Prisciliano no século IV enxertou na doutrina da igrexa o sentido panteísta dos galegos. Por iso foi perseguido e decapitado, pero iso non acabou co priscilianismo. Martiño Dumiense no século VI declarou anatema os vellos cultos e ritos. No lugar onde se celebraban eses rituais levantáronse ermidas.
Pero a pesar de séculos de loita eclesiástica por extirpar a raíz pagá das festas e romarías, a pedra de abalar ou o rito das nove ondas seguen a ter transcendencia para milleiros de galegos.

miércoles, 4 de julio de 2012
OS CAMIÑOS DO PAIS
HISTORIAS DE GALICIA 11
A serie Historias de Galicia que dirixe Xosé Manuel Vega e presenta Xosé Barato ofrece "Os camiños do país". Galicia segue á espera de poder comunicarse por tren de alta velocidade coas principais redes ferroviarias españolas, portuguesas e europeas, e esta desconexión é un lastre que dificulta o desenvolvemento das potencialidades produtivas do país.
Sen embargo, hai dous mil anos os romanos construíron unha gran rede viaria na Gallaecia con fins comerciais e militares e abriron os portos ás rutas do océanos iluminados polo Faro de Hércules. Logo na Idade Media vai ser o Camiño de Santiago o factor de dinamización cultural e socioeconómico, dende os portos galegos saían barcos cargados con viño e peixe cara a outros países costeiros de Europa.Pero Galicia tamén perdeu o mar no remate da Idade Media, xa que Isabel a Católica impediulle comerciar con América mentres que os Austrias prohibiron o comercio con Inglaterra. Finalmente, a excentricidade xeográfica, a falta de peso político e de interese empresarial fixeron que o ferrocarril chegase a Galicia en 1873, con 20 anos de atraso respecto a Cataluña ou o País Vasco, no medio xa de liortas políticas localistas entre A Coruña e Vigo. E outro dato, ata 1958 non se rematou de construír a vía férrea entre Sanabria e Ourense.

martes, 5 de junio de 2012
A HISTORIA DE SER MULLERES
HISTORIAS DE GALICIA 10
A historia de ser muller, un percorrido fermoso, duro e longo polas mulleres galegas que reivindicaron unha dignidade, este é o traballo documental que ofrece esta noite a partir das 21.30 horas o programa da Galega Historias de Galicia. Na actualidade, tanto a Xunta coma o Goberno central están a impulsar leis para tratar de poñerlle freo á violencia de xénero, mentres que outros textos lexislativos pretenden impoñer a paridade de sexos en determinados postos de representación pública... Pero historicamente a discriminación da muller foi unha constante que estivo na base do noso dereito e das nosas crenzas cristiás; de feito foi unha discriminación froito de mitos e forzas, a forza física, a forza da lei e a forza do costume.
Así, María Pita ou Isabel Barreto pasaron á historia de Galicia porque en determinadas circunstancias asumiron roles propios do varón. Por ignorancia, por medo e por presión dos dogmatismos, a muller galega aturou secularmente esta discriminación, ata que no século XIX Rosalía de Castro, Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán comezaron a chamarlle a esa indignidade polo seu nome...
A Constitución republicana de 1931 recoñeceu a igualdade de sexos no traballo, na política e ante a lei, pero o franquismo devolveuna á condición de tutelada polo home no "sacrosanto labor do coidado do fogar"... Ata o ano 1975 a muller non tivo en España a patria potestade sobre os seus fillos.

martes, 24 de abril de 2012
SEMPRE EN GALICIA
HISTORIAS DE GALICIA 9
A serie Historias de Galicia que dirixe Xosé Manuel Vega e presenta Xosé Barato ofrece esta noite "Sempre en Galicia". A emigración galega foi un fenómeno histórico que condicionou profundamente a nosa realidade; estivo motivado na maioría dos casos por un desaxuste entre a poboación e os recursos dispoñibles. Pero os recursos dun país están condicionados pola súa estrutura económica. En Galicia non houbo unha burguesía que impulsase unha actividade industrial que absorbese o excedente agrario; o que houbo foi unha clase dirixente que preferiu seguir parasitando de privilexios anacrónicos -os foros- antes ca impulsar ningunha reforma. Como protesta os galegos emigraron masivamente: os dous millóns fóronse entre 1860 e 1970.
No século XIX os emigrados foron deixando este país, coma un exército de man de obra barata, sempre coa esperanza do retorno. Unha pequena porcentaxe deles fixo fortuna; algúns regresaron e buscaron o recoñecemento social no seu lugar de orixe. A Guerra Civil e o franquismo forzaron o exilio dos galegos máis preclaros e comprometidos coa Terra. Castelao ou Seoane simbolizan o que fixo a emigración pola identidade de Galicia. A partir de 1960 a emigración galega ten como destino Europa Occidental e outras zonas do Estado español coma Cataluña, Euskadi e Madrid.

martes, 20 de marzo de 2012
O SON DAS ARMAS
HISTORIAS DE GALICIA 8
O 16 agosto de 2005 dez soldados galegos morrían en Afganistán ao caer ao chan por accidente do helicóptero militar que os transportaba, formando parte dunha forza internacional baixo o mandato da ONU. Dende a Guerra Civil, Galicia non é escenario de conflitos bélicos, pero na historia deste pobo foron moitos os caídos en combate. Así, aquí produciuse a primeira gran revolución social de Europa, a Revolta Irmandiña. A derrota dos irmandiños e os abusos da nobreza galega acabaron privando a Galicia das súas clases dirixentes e deixárona inerme fronte á expansión de Castela, momento en que en toda Europa se constituían os estados modernos.
Xa no século XIX Galicia foi escenario de enfrontamentos entre as tropas francesas e británicas na Batalla de Elviña: en Pontesampaio os galegos impedíronlle ao exército francés cruzar o río Verdugo cara a Vigo. Chegando á Guerra Civil, en territorio galego non houbo unha fronte bélica, pero o franquismo practicou unha represión brutal que deixou as cunetas cheas de cadáveres e decapitou, outra vez, a elite intelectual e política do país. Despois da derrota militar das forzas leais á República, a resistencia organizouse en grupos guerrilleiros liderados por xefes carismáticos, como "O Piloto" ou "Foucellas".

miércoles, 8 de febrero de 2012
NOBRES, FIDALGOS O CACIQUES
HISTORIAS DE GALICIA 7
Case a totalidade dos galegos aínda teñen interiorizado que para aprobar unha oposición ou mellorar na vida tan ou máis importante có mérito é a capacidade de ter un padriño... Ese "valedor" e controlador social foi historicamente un intermediario que se serviu da estrutura administrativa do Estado e aproveitouse dela. Tomando de referencia as distintas etapas históricas, o documental viaxa ata a época en que, coa "doma e castración de Galicia" practicada polos Reis Católicos, o poder galego foise desnaturalizando e púxose ao servizo da lóxica do novo Estado.
Así, a nobreza de título fíxose cortesá e mesturouse coa española, que rematou engulindo as grandes liñaxes galegas: os nobres galegos seguiron cobrando foros e ademais dereitos señoriais e contra eles houbo numerosas revoltas campesiñas. Xa nos séculos XVI e XVII, a fidalguía foi a clase emerxente e conservou o seu poder ata comezos do século XX: estes eran medianeiros que, a cambio de sinecuras e prebendas, recadaban rendas e realizaban funcións burocráticas do Estado monárquico.
Finalmente, o derrubamento social da fidalguía coincide coa eliminación do sistema foral, e paralelamente un novo poder social emerxe en Galicia ligado ao amaño dos procesos electorais no século XIX: o cacique, unha figura que aínda está a perdurar...

Suscribirse a:
Entradas (Atom)