Sobre Rodas 49 - Fumigador, autoescola e ultramarinos
Nesta semana en «Sobre Rodas», Sonia coñecerá a Jose Antonio Canedo, un dos xerentes de Galides, unha empresa de control de plagas cun lema moi directo. Veremos se a nosa presentadora é capaz de manexar a maquinaria de extinción e contra quen a dirixe. E de Pontevedra imos a Ourense con Florentino Varandela, un dos socios da autoescuela Rayva. Ata agora as motos se lle resistían a Sonia, ¿será capaz de aprender a conducir unha? O capítulo remata en Monforte de Lemos para acompañar a Marga, a rexente dunha tenda de ultramarinos. Sonia terá que acompañala nunha dura xornada de traballo dentro e fóra do negocio.
Sobre Rodas 50 - Detective, tartas personalizadas y lencería
Neste novo capítulo de «Sobre Rodas» agárdannos moitas sorpresas, xa que coñeceremos de preto a profesión dun detective privado. ¿Será Sonia capaz de acompañar a Armando nunha serie de pescudas propias dun filme de Hitchcock? E da provincia de Pontevedra imos a Ourense con Luis Cavallé, un galego de ascendencia catalá que herdou o negocio familiar, o de comercial de produtos de lencería que moi amablemente, a nosa presentadora, lle axudará a vender. E rematamos con Fernando Suárez, o xestor da empresa «Tartamóvil», un traballo pioneiro na provincia da Coruña que traspasa as fronteiras do noso país. ¿Que sorpresa lle terán preparada ó equipo de Sobre Rodas estes reposteiros?
No hay comentarios:
Publicar un comentario