martes, 27 de marzo de 2012

BUTANEIRO ACUARIO PLANCHA COMER

Sobre Rodas 47 -  Félix, o butaneiro da empresa Calor Hogar de Monforte, Ester a bióloga do acuario do Grove, e Omar o condutor de limusinas Sobre Rodas 48 - Uka, comercial da revista DOT e baixista de Eladio y Los Seres Queridos, Marcos o presidente de Agamac y Angie de Teloplanchamos y Qué Como


O «Sobre Rodas» desta semana arranca musical. Sonia terá a oportunidade de coñecer a Óscar Durán «Uka» o rapaz que leva a publicidade no magazine DOT, ademáis de ser o baixista do grupo Eladio y los Seres Queridos. Veremos se é capaz de seguilo a él e mailo seu conxunto nun ensaio para un concerto. 


Esta semana tamén imos a Lugo a ver o Museo Casa de Vázquez, en Trasliste. Alí descubriremos algunhas das xoias da maquinaria agrícola antiga que Marcos, tamén presidente de Agamac (Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica), esconde na súa finca. E rematamos con Angie Carnota, unha pioneira nisto dos negocios que traballan a domicilio. Veremos se Sonia a pode axudar con «Teloplanchamos» y «Qué como».

No hay comentarios:

Publicar un comentario