Sobre rodas 45 - As feirantes do Morrazo, o enólogo da Bodega Terra do Castelo, e as aventuras de Marta e o seu coche de produción
Na península do Morrazo Emilia e Mónica, dúas irmás adicadas ó negocio da floristería, levarán á presentadora ata a feira de Moaña. Veremos a maneira de preparar un posto e como se debe vender un sábado pola mañá no mercadillo. A Bodega Terra do Castelo pertence a Cooperativa de Bodegas San Roque de Beade de Ribadabia. Iván Vázquez é o seu enólogo.
Coñeceremos de preto as instalacións da planta e disfrutaremos con Sonia dunha sesión de cata dos seus viños máis recoñecidos. Para rematar a nosa produtora, Marta. Un fervello de rapaza que é capaz de dirixir ó equipo enteiro de Sobre Rodas a lombos do seu turismo. Sempre pendente das gravacións, o material e os demais compañeiros. Sen ela, esta segunda tempada, non sería posible.
Sobre rodas 46 - O Dj lucense Mr. Fisherman, Antonio de Orensana de reaparaciones, e Lola a asesora con experiencia de La Maleta Roja
Neste capítulo coñeceremos a un Dj de Lugo recoñecido dentro do circuito nacional de música: o tamén chamado Dj Think ou Mr. Fishman, e veremos cómo lle aprende a pinchar a Sonia. Tamén saberemos algo máis sobre Antonio Pena, o encargado da Orensana de Reparaciones, unha empresa con ampla experiencia nisto dos arranxos de calqueira tipo, tendo a nosa presentadora que meterse na pel do noso protagonista e axudar nunha tarefa moi específica. E xa para rematar, veremos se a Sonia será capaz de ser boa comercial de produtos eróticos da man de Lola. ¿Lograrán vender algo despois da reunión?
No hay comentarios:
Publicar un comentario