miércoles, 3 de octubre de 2012

SANS E FORTES

HISTORIAS DE GALICIA 16
Despois de respirar e botar unha choradiña, a primeira necesidade vital que ten un ser humano cando chega ao mundo é alimentarse. Do que comemos nos primeiros anos de vida depende, en gran medida, a nosa saúde cando nos facemos adultos. Pero, naturalmente, non todas as enfermidades dependen do que comemos. “Historias de Galicia” conta nesta ocasión como nos fomos alimentando os galegos e como a ciencia médica nos axudou a medrar sans e fortes. Así, a primeira historia trata do que comían os galegos das casas grandes, medianas e pequenas, é dicir, do que se quería ao que se podía. 
A segunda historia céntrase na figura do doutor Pose Roibanes, o home que trouxa a Galicia a primeira vacina da historia. 
A terceira e última historia trata do nacemento do primeiro hospital en Galicia, o Hospital Real de Santiago, o que hoxe se coñece coma Hostal dos Reis Católicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario