martes, 24 de julio de 2012

ONDE A RAZON NON CHEGA

HISTORIAS DE GALICIA 12 
O ser dos galegos, como o de calquera pobo, non se configura só no pensamento racional. Hai unha parte de nós, íntima, que se move polo sentimento e por "outras razóns" e así o mostrará hoxe á noite o programa Historias de Galicia, que dirixe Xosé Manuel Vega e presenta Xosé Barato. 


 A saudade é un sentimento xurdido da vivencia íntima da propia soidade e da certeza da morte. Os dolmens son os primeiros símbolos da busca de transcendencia da vida e das fórmulas para superar a angustia existencial. O home comeza a darlle propiedades vivas e máxicas a realidades que o rodean: os penedos, a auga, as árbores. 
 Prisciliano no século IV enxertou na doutrina da igrexa o sentido panteísta dos galegos. Por iso foi perseguido e decapitado, pero iso non acabou co priscilianismo. Martiño Dumiense no século VI declarou anatema os vellos cultos e ritos. No lugar onde se celebraban eses rituais levantáronse ermidas. 


 Pero a pesar de séculos de loita eclesiástica por extirpar a raíz pagá das festas e romarías, a pedra de abalar ou o rito das nove ondas seguen a ter transcendencia para milleiros de galegos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario