HISTORIAS DE GALICIA 11
A serie Historias de Galicia que dirixe Xosé Manuel Vega e presenta Xosé Barato ofrece "Os camiños do país". Galicia segue á espera de poder comunicarse por tren de alta velocidade coas principais redes ferroviarias españolas, portuguesas e europeas, e esta desconexión é un lastre que dificulta o desenvolvemento das potencialidades produtivas do país.
Sen embargo, hai dous mil anos os romanos construíron unha gran rede viaria na Gallaecia con fins comerciais e militares e abriron os portos ás rutas do océanos iluminados polo Faro de Hércules. Logo na Idade Media vai ser o Camiño de Santiago o factor de dinamización cultural e socioeconómico, dende os portos galegos saían barcos cargados con viño e peixe cara a outros países costeiros de Europa.Pero Galicia tamén perdeu o mar no remate da Idade Media, xa que Isabel a Católica impediulle comerciar con América mentres que os Austrias prohibiron o comercio con Inglaterra. Finalmente, a excentricidade xeográfica, a falta de peso político e de interese empresarial fixeron que o ferrocarril chegase a Galicia en 1873, con 20 anos de atraso respecto a Cataluña ou o País Vasco, no medio xa de liortas políticas localistas entre A Coruña e Vigo. E outro dato, ata 1958 non se rematou de construír a vía férrea entre Sanabria e Ourense.
No hay comentarios:
Publicar un comentario