Para mariñeiros nós 93 - 97
Pinto decide tomar posesión do Gran Burato para así enriquecerse ca enerxía que xera está gran bolsa de gas.
Cobiñas traizoa a seu socio Pinto, dándolle a RIcardito a libretiña de previsión de velorios e información sobre o estado de saúde dos veciños. Agora Pinto intenta enmendar a catástrofe dándolle a Ricardito outra libretiña con información falsa sobre a inminente revalorización dos galiñeiros. Pero a xogada sáelle do revés.
Esta semana en "Para mariñeiros nós", Pinto e Cobiñas gravarán un vídeo paranormal para envialo ao programa de platillos volante da rubia dos dentes, Paco Jones realizará un experimento pra sacar a fama de garrafoneiro que ten o seu local e Pinto trazará un plan para a explotación do Gran Burato. Tamén poderemos contemplar como Ricardito se aproveita da información sobre a inminente revalorización dos galiñeiros e asistiremos a un duro debate para decidir quen son os mellores mariñeiros do mundo
É o tempo das luras. Pinto, Cobiñas e Paco deciden facer unha sociedade pesqueira para pescar, non luras, senón as poteras perdidas que a xente usa para pescar os cala.... digo as luras
No hay comentarios:
Publicar un comentario