martes, 20 de noviembre de 2012

ALBARIÑO CAMBADOS A PEREGRINA

A mochila do viaxeiro 40 
Festa do Albariño, en Cambados
"A Mochila do Viaxeiro" viaxa ata Cambados para coñecer unha das festas máis populares de Galicia a "Festa do Viño Albariño". Nesta ocasión Marta Doviro falará co presidente do C.R.D.O. "Rías Baixas" sobre as súas características, visitará as "Catas" e o "Tunel do Viño" , asistirá ao "Capítulo Serenísimo do Albariño" e tamén ao "Xantar do Albariño" onde falará co ciclista campión do mundo Abraham Olano, xa pola tarde e logo de percorrer os distintos stands da feira, remata a súa viaxe cun paseo por Cambados en kayak.
A mochila do viaxeiro 41
Festas da Peregrina, Pontevedra
O equipo de "A Mochila do Viaxeiro" desprázase ata Pontevedra co gallo do comezo das súas festas patronais as "Festas da Peregrina", neste novo episodio Marta Doviro chega a cidade do Lérez disposta a coñecer todos os seus rincóns máis históricos, asistirá o chupinazo de inicio das festas e falará co seu pregoeiro, o periodista Xabier Fortes, logo de participar na ofrenda floral ata o Santuario da Peregrina e desfrutar das súas terrazas na compaña de Carme da Silva, Marta visita o CITA o primeiro centro museográfico da cidade, remata a súa viaxe cun percorrido polos seus lugares máis coñecidos de viños e tapas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario