martes, 11 de septiembre de 2012

CASTAÑA COGUMELOS RIOS OURENSE

A mochila do viaxeiro 30
Festa da Castaña e dos Cogumelos de Riós 
A Mochila do Viaxeiro desprázase esta fin de semana ata a Festa da Castaña e do Cogumelo de Riós onde, dende primeria hora da mañá, Marta Doviro introduciráse nos actos festivos dando a saída da proba ciclista tour da castaña. Logo visitaremos a cociña dun veciño de Ríos que participa no concurso gastronómico onde coñeceremos distintas receitas elaboradas con castañas e cogumelos. Rubén Ríos acompañará entón a Marta nun paseo polos stands da feira e logo, xuntos, irán o xantar popular. Xa pola tarde, teremos tempo de visitar o Centro de Interpretación da Castaña ou a Ruta Europea da Castaña. Productores, festa, gastronomía, diversión e entretemento nunha única xornada festiva: a xornada da Festa Castaña e Do Cogumelo no concello de Riós.
A mochila do viaxeiro 31
Magosto de Ourense
A mochila do viaxeiro deténse esta fin de semana na cidade das burgas para asistir a celebración da festa dos magostos. Coíncidindo co día de San Martiño, patrón de Ourense, Marta Doviro percorrerá as rúas de Ourense en compañía de César Prada, pintor e escultor ourensán. Logo haberá tempo para visitar as burgas, e coñecer máis de preto a Fernando Dacosta, actor de Sarabela Teatro, e visitar con él a praza maior onde se reparten as castañas, o chourizo e o viño novo. Alí, entre multitude de xente, coñeceremos un grupo de reguefeiros. Xa pola noite, para despedirnos, visitaremos as Termas de Outariz, un xardín Zen único en Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario