martes, 26 de junio de 2012

VIRXE DA BARCA GUADALUPE RIANXO

A mochila do viaxeiro 22 
A romaría da Virxe da Barca
«A mochila do viaxeiro» viaxa esta fin de semana ata a costa da morte (Muxía) para participar na Romaría Popular da Virxe da Barca. En compañía do mestre Xán Fernández descobriremos o concello de Muxía e a ruta da peregrinación. Participaremos nos ritos das pedras da virxe, como son a pedra de abalar, a pedra dos cadrís e máis a pedra da cabeza. Falarémos co parroco Don Manuel, ademáis de sumerxiremonos no mercado e na festa popular da vila. Unha excelente ocasión para peregrinar ata a costa da morte sen saír da nosa casa.
A mochila do viaxeiro 23
Festa da Guadalupe en Rianxo
Esta fin de semana, a mochila do viaxeiro deténse na comarca do Barbanza, no concello de Rianxo, para asistir a celebración do día grande das festas de Guadalupe. Unha vez alí navegaremos no barco que levará á virxe durante a procesión mariñeira, escoitaremos a rianxeira na misa das doce e falaremos con Xesús Santos acerca dos orixes de Castelao e Dieste, dous rianxeiros destacados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario