A mochila do viaxeiro 13
XLV festa deste peixe de Ponte Caldelas
Marta Doviro viaxa esta semana ata Ponte Caldelas para asistir as celebracións da XLV festa da troita nunha xornada festiva adicadada ás damas e os nenos. Alí conversará con varios pescadores ó longo dos treitos de pesca do río verdugo, coñecerá as «casas de indianos» de Pontecaldelas, asistirá as degustacións populares de troitas, xantará co rexedor do municipio Perfecto Rodríguez e ademáis visitará o centro arqueoloxico de Tourón, un dos máis singurales de toda Galicia. Unha xornada de deporte, gastronomía e diversión no corazón da provincia de Pontevedra.
A Mochila do Viaxeiro 14
Festa do viño tinto no Salnés
Marta Doviro deténse esta fin de semana na comarca de O Salnés, para coñecer a feira do viño tinto de O Salnés-Barrantes que este ano celebrou a súa 39ªedición. A nosa viaxeira coñecerá de primeira man algunhas das rutas naturais máis destacadas do concello de Ribadumia, catará a derradeira colleita de barrantes nos diferentes stands da feira, conversará coa Alcaldesa de Ribadumia, xantará co presidente da Asociación de Viticultores de O Salnés e coñecerá un dos moitos viñedos de uva tipo barrantes que existen na zona. A mellor maneira de coñecer de preto esta singular feira de viño tinto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario