jueves, 20 de febrero de 2014

VIAXE A CORUÑA CAMBRE EN DEFENSA DO TREN

A Plataforma comarcal en defensa do tren fai un chamamento á sociedade a participar nunha viaxe en defensa do ferrocarril público que terá lugar este domingo 23 de febreiro, que pretende reclamar publicamente melloras na trazada e no servizo na liña que une A Coruña con Ferrol, que considermos seriamente ameazada polos sucesivos recortes e abandonos que ven sufrindo desde hai moitos anos.

Saída: estación de S.Cristovo (A Coruña) ás 11.00 e chegada a Cambre ás 11.16
Na estación de Cambre darase lectura ao comunicado da Plataforma.
Algunhas persoas acudiran directamente a Cambre para recibir aos viaxeiros.
Tempo en Cambre 20 min.
Regreso: estación de Cambre ás 11.37 e chegada a S.Cristovo ás 11.51 (Infórmase de que o prezo i/v é de 3.50 €, billete un só sentido 2.20 €).

O tren para na estación intermedia do Burgo (prezo 2.20 i/v). 
Recoméndase sacar o billete dentro do propio tren.
Como vedes, estamos conseguindo abrir certo debate social acerca da necesidade de defender este servizo público. 
Consideramos que a Plataforma está en fase de asentamento e existe receptividade ás nosas demandas, polo que é importante estar á altura o día 23 e amosar que apoiamos o tren e non imos permitir que nolo rouben.
Moitas grazas a todos/as, 
PLATAFORMA COMARCAL EN DEFENSA DO TREN DA CORUÑA E DAS MARIÑAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario