miércoles, 28 de noviembre de 2012

SECTOR LACTEO E DESAFIUZAMENTOS

“Reporteiros” comeza o programa cunha reportaxe sobre a situación que están a vivir os gandeiros galegos, que, segundo din, é tan crítica que a partir da vindeira semana deixarán de entregar leite. O prezo en orixe é o máis baixo de España e nin sequera cobre o gasto en pensos que teñen as granxas. Nestas condicións, os sindicatos din que unhas 3.000 explotacións están ao borde da suspensión de pagamentos. 
O espazo da TVG tamén se achega ás medidas tomadas en tempo récord en resposta aos desafiuzamentos, un drama social con repercusión máis aló das nosas fronteiras. O Goberno aprobou hai unha semana un decreto lei que, entre outras medidas, paraliza as execucións hipotecarias durante dous anos cando se cumpren certas condicións. 

 As orixes dos desafiuzamentos e da crise inmobiliaria está no fondo da película “Los Fenómenos”, que acaba de rodar o director galego Alfonso Zarauza. “Reporteiros” introducirase no cine de corte social a través dun filme cuns personaxes moi próximos ao público e rodada en parte en Miño, unha localidade que aínda mantén vivas as pegadas do esplendor e decadencia do ladrillo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario