lunes, 31 de diciembre de 2012

DARBO O MORRAZO AS PONTES

A mochila do viaxeiro 44
Danzas ancestrais de Darbo
A mochila do viaxeiro deténse esta fin de semana nas festas da Romería de Darbo, no concello de Cangas do Morrazo para asistir ás danzas ancestrais de Darbo. Alí, a viaxeira Vanessa Orol, conversará cunha das persoas que participará nas danzas, asistirá a procesión e as misas da mañá, xantará marisco nun restaurante típico da zona e coñecerá de primeira man a casa-museo de "A mangañona" onde o artista Camilo Caamaño agochá máis dun milleiro de obras propias e alleas.

A mochila do viaxeiro 45
Feira de Fungos e Cogomelos en As Pontes 
A Mochila do Viaxeiro viaxa ata As Pontes de García Rodríguez co galo da XXIII edición da Feira de Fungos e Cogomelos, dende 1ª hora da mañá Marta Doviro disponse a desfrutar dunha xornada chea de actividades: ir na procura de cogomelos, cociñalos, percorrer a súa feira, asistir o concurso de cestas, degustar o menú do xantar popular e rematar a súa visita nas Fragas do Eume e no seu Monasterio de Caaveiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario