lunes, 12 de noviembre de 2012

SANTIAGO APOSTOL PEMENTO HERBON

A mochila do viaxeiro 38
O Apostol en Santiago
Marta Doviro logo duns días de meditación no Mosteiro de Samos e seguindo os consellos do Pai Xose Luis inicia a súa peregrinaxe a Compostela, de camiño tómase un respiro no Muiño da Pena e segue o seu camiño a Compostela onde agardan por ela 4 amigos da compañía de teatro NNC vinculada a USC que lle amosan o ambiente festeiro das rúas de Santiago, tamén vivirá o espectáculo audiovisual da fachada da Catedral dende o balcón do Hostal dos Reis Católicos e acudirá os concertos da noite. Xa pola mañá Marta falará co cantante e compositor arxentino Coti sobre o seu novo disco e logo dunha mañá chea de actividades e compras típicas rematará a súa viaxe no Fogar do Santiso onde degustará un xantar moi especial.

A mochila do viaxeiro 39
Festa do Pemento en Herbón
«A Mochila do Viaxeiro» deténse en Padrón para coñecer a súa «Festa do Pemento de Herbón», Marta Doviro participa nos actos da mañá, axuda os cociñeiros/as na súa preparación e tamén descobrerá o segredo do porqué uns pican e outros non, falará sobre as súas características co presidente da D.O.P. «Pemento de Herbón» e visitará a «Casa Museo Rosalía de Castro» unha visita que remata co aloxamento no «Pazo de Lestrove».

No hay comentarios:

Publicar un comentario