A mochila do viaxeiro 34
Feira do Cocido de Lalín
«A Mochila do Viaxeiro» desprázase ata Lalín para coñecer unha das festas gastronómicas máis lonxevas de Galicia «O Cocido de Lalín». Nesta 44 edición Marta Doviro descobrerá os segredos sobre a elaboración dun bo cocido da man dunha xeración de cociñeiras encargadas do xantar oficial, asistirá na compaña de Javier Blanco o «Capítulo Xeral da Encomenda do Cocido» para logo dun paseo polos stands da feira acudir o pregón a cargo de Pedro Piqueras e disfrutar do desfile de carrozas co seu coordinador Pepe Iglesias, logo de xantar un bo cocido visitará o Museo Municipal onde Cecilia a súa responsable amósalle a II edición de «EmporcArte» una novidosa forma de promoción do cocido.
A mochila do viaxeiro 35
XXXII Feira do viño de Amandi
«A Mochila do Viaxeiro» viaxa ata Sober co galo da «XXXII edición da Feira do Viño de Amandi», nesta xornada Marta Doviro ademáis de catar un dos viños máis recoñecidos internacionalmente, falará co seu pregoeiro Xosé Manuel Piñeiro, coñecerá os afamados viñedos de Amandi da man dun experto viticultor da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, desfrutará dun paseo en barco polos Canóns do Sil e logo de asistir o xantar oficial no Palacio de Sober comezará un percorrido pola zona no Tren Turístico Aba Sacra que remata coa visita a adega Regina Viarum. Unha nova viaxe que Marta gardará na Mochila do Viaxeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario