A mochila do viaxeiro 24
A danza das espadas de Marín
A Mochila do Viaxeiro viaxa esta fin de semana novamente ata a comarca do Morrazo. Na vila de Marín coñeceremos a secular danza das espadas, falaremos con danzantes e cofrades acerca da súa historia. Tamén teremos ocasión de visitar a illa de Tambo e de coñecer as lendas da aparición do arcanxo San Miguel. Coñeceremos a Escola Naval Militar de Marín en compaña do Comandante Don Jose Luís Guitar. Diversión, historia, cultura e naturaza esta fin de semana na Mochila do Viaxeiro.
A mochila do viaxeiro 25
A faba, Lourenzá
Esta fin de semana A mochila do viaxeiro detense na provincia de Lugo, no concello de Lourenzá. Alí, na compaña de multitude de amigos, Marta Doviro percorrera a vila coñecendo o mercado da faba coa presidenta do consello regulador, tamén visitará a exposición fotográfica da faba de Lourenzá, o monasterio de San Salvador ou o centro de interpretación da faba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario