miércoles, 4 de enero de 2012

MARISCADA TESTAMENTO CRISIS BAILE

Para mariñeiros nós 37 - 40
Pinto e Cobiñas deciden facer unha mariscada, pero cun tipo de marisco moi especial que van poñer de moda.
Maximino, o primo de Cobiñas co que gardaba gran parecido, morreu. E morreu sen facer testamento. Cobiñas, nun impecable plan trazado polo seu socio Pinto, farase pasar por Maximino nos seus últimos momentos pra asinar o testamento diante dun notario.

Como superaron a crise do 29 os Estados Unidos de América? Cos concursos de baile, "dancing non stop". Pois iso mesmo será o que faga Raimundo para aumentar os ingresos da taberna, xa que unha chea de xente, bailando durante horas e suando, acaba tendo sede, e pra apagar esa sede, hai que beber.
Continuación do sketch anterior, Concurso de baile 1.

No hay comentarios:

Publicar un comentario